As metanobacterias (Methanobacteria) son unha clase taxonómica de microorganismos pertencentes ás arqueas euriarqueotas.[1] É unha das clases de metanóxenos que hai entre os Euryarchaeota. Poden ter forma de bacilo ou esféricas. Adoitan ser termófilos e hipertermófilos que habitan en fontes termais ou mesófilos que viven no sistema dixestivo de animais. A súa única orde é Methanobacteriales.
- ↑ Ver no NCBI a páxina para Methanobacteria. Datos extraídos de "NCBI taxonomy resources". National Center for Biotechnology Information. Consultado o 2007-03-19.